O TSXG rexeita suspender unha orde da Xunta con medidas preventivas fronte á COVID-19 por non estar vixente

10 Febreiro 2022

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou a solicitude do presidente provincial de Vox en Pontevedra de suspender, de forma cautelar, a orde da Consellería de Sanidade publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 30 decembro de 2021. Nela establecíanse medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comunidade autónoma, e, ademais, aprobábase o novo Plan de Hostalería Segura de Galicia. A Sala, de acordo co criterio do Ministerio Fiscal, denegou a suspensión porque a orde xa non está vixente, pois tivo efecto ata o 18 de xaneiro de 2022. Esa carencia sobrevinda de obxecto conleva, segundo explica o tribunal no auto, a terminación do incidente cautelar. Contra a resolución cabe presentar recurso de reposición.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.