O Entroido rianxeiro inclúe obradoiros para crianzas, música, clown e unha festa tribal

18 Febreiro 2022

A área de Cultura de Rianxo preparou unha axenda ateigada de actividades para o punto de inflexión entre febreiro e marzo: unha axenda para desfrutar coas amizades e coa familia pero ante a cal é preciso seguir mantendo normas de seguridade anti-COVID e “sermos prudentes”, en palabras do dito departamento.

As actividades comezan o sábado 26 de febreiro, cunha serie de obradoiros e xogos diversos a cargo de Infantilandia. Serán entre as 16.30 e as 19.30 horas, na praza Castelao.

Na mesma xornada do 26, a partir das 18.30 horas, celebrarase unha actividade de animación musical na mesma praza Castelao e nas rúas da vila de Rianxo, a cargo do músico multi-instrumentista, animador e clown Pulpiño Viascon.

Ao día seguinte, domingo 27 de febreiro, as rúas de Rianxo acollerán a partir das 12.30 unha ruada a cargo de SDK e Barafunda.

Pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas, a vila rianxeira será o escenario dunha festa tribal, un espectáculo de animación e ruada para manter ben alto o nivel de festividade deste Entroido 2022.

Xa no mes de marzo, o martes día 1, a axenda collerá impulso na Aula Activa do Mar, a partir das 12.00 horas, cunha iniciativa de obradoiros de máscaras de Entroido. As prazas serán limitadas. O Concello lembra que as persoas que requiran máis información e formalizar as inscricións poden facelo a través da conta de correo museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal.

Pola tarde, o martes 1 de marzo, a praza Castelao acollerá unha nova ración de obradoiros e xogos a cargo de Infantilandia. Será en horario de 16.30 a 19.30 horas.

Sen saírnos da céntrica praza Castelao de Rianxo, ás 18.30 horas está previsto que comece o espectáculo A Vida Tola, a cargo da artista de clown, humorista e escapista Natalia Outeiro, tamén coñecida como Pajarito.

A área de Cultura de Rianxo fai saber que en caso de climatoloxía adversa, é posíbel que se fagan variacións no programa de actividades, por exemplo cambiando localizacións. Para estar ao tanto destes trocos podemos visitar a web concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Todo listo para o comezo (este venres) do festival Jazz Noia

Este venres 14 de agosto arrinca un dos grandes eventos culturais da tempada estival na comarca: a edición 2026 do festival Jazz Noia 2026, organizado polo Concello de Noia a través da Concellería de Cultura. Celebrarase as noites do venres 14 e o sábado 15 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.