O Entroido pobrense repartirá 1.450 euros en premios entre os mellores disfraces

16 Febreiro 2022

O Entroido da Pobra será un Entroido para grandes e pequenos, dando protagonismo á creatividade e á diversión en diferentes espazos da vila e, cómpre recordalo, nun ambiente de seguridade sanitaria. Os detalles do programa foron dados a coñecer pola concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e máis a técnica Fita Sanisidro. Segundo fixeron saber a axenda recupera a maior parte das propostas agás o desfile. A programación deste 2022 aposta por concursos cos cales premiar a creatividade da veciñanza á hora de elaborar os seus disfraces e que repartirán un total de 1.450 euros.

Un dos certames será o 26 de febreiro e está destinado a persoas maiores de 13 anos. No Cantón da Leña habilitarase un photocall e unha discomóbil dende as 19.00 ata as 00.00 horas. Establécense dúas categorías coas súas correspondentes cinco distincións: individual/parellas (un primeiro premio, de 125 euros; un segundo, de 100; un terceiro, de 75; un cuarto, de 50 e un quinto, de 25) e grupo (un primeiro premio, de 200 euros; un segundo, de 150; un terceiro, de 100; un cuarto, de 75 e un quinto, de 50). As inscricións para participar realizaranse na propia praza e as imaxes serán tomadas por un fotógrafo para, posteriormente, remitilas ao xurado.

Para esa mesma xornada concíbense dúas actividades itinerantes: a charanga Oito nun Piso amenizará as rúas a partir das 13.00 horas; mentres que Troula Animación fará o propio co seu espectáculo A invasión pirata, das 20.00 horas en diante.

Doutra banda, o día 27 de febreiro estará dedicado aos cativos e cativas cunha festa infantil que se desenvolverá na praza Alcalde Segundo Durán, en horario de 16.30 a 19.30 horas, e para a cal é necesaria a inscrición previa a través da Rede, Haberá discomóbil, inchábeis, maxia, chocolatada, obradoiros e un concurso no cal poderán participar todas aquelas crianzas con idades inferiores aos 12 anos. Entregaranse cinco galardóns: un primeiro, de 150 euros; un segundo, de 125; un terceiro, de 100; un cuarto, de 75 e un quinto, de 50. En caso de chuvia trasladarase ao CEP Salustiano Rey Eiras.

E, finalmente, para o día 1 de marzo, Martes de Entroido, haberá un toque musical e gastronómico. A partir das 19.00 horas, a charanga Oito nun Piso volverá á Pobra para percorrer as rúas da vila e no Cantón da Leña disporase dunha degustación de filloas e orellas. Posteriormente, ás 20.00 horas, na referida praza procederase coa entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso do día 26 de febreiro, que deberán ir ataviadas cos disfraces que resultaron distinguidos.

As bases están á disposición na páxina web www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.