O Consello da Cultura activa na Rede un espazo específico sobre Delgado Gurriarán, homenaxeado nas Letras 2022

14 Febreiro 2022

O Consello da Cultura Galega vén de lanzar un espazo web centrado de maneira específica na figura de Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras 1903 – Fair Oaks, USA, 1987), o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas deste 2022. Trátase dun especial web onde se mostran os fondos propios do CCG sobre o devandito representante da nosa literatura, materiais entre os que figura o único rexistro sonoro coñecido de Florencio Delgado Gurriarán: unha entrevista que concedeu en 1968 ao programa Poetas de Galicia do centro territorial de Radio Nacional de España en Galicia. Na dita entrevista o autor repasa a súa poesía, a súa vida en América e achéganos recitados por parte dos locutores e do propio poeta dalgunhas das súas composicións máis coñecidas.

O especial inclúe tamén unha escolma de artigos do autor en dúas das publicacións senlleiras da cultura galega no exterior como son Vieiros ou Saudade, textos que pretenden dar conta do seu pensamento e activismo cultural, así como das características da súa poesía.

Ir a misa de doce é o título dun poema, escrito en 1938, no Galicia, a publicación semanal da Federación de Sociedades Gallegas en Bos Aires, trasládanos ao ambiente represivo da Guerra Civil.

Outro dos textos que inclúe titúlase Noiturnio da noiva jarocha. Son veracruzano. Foi publicado no primeiro número de Saudade (25 de xullo de 1942) e permite ver unha das características máis notables da poesía de Delgado Gurriarán: a fusión entre a lingua e literatura galegas e a cultura e os ambientes mexicanos.

Delgado Gurriarán no Álbum de Galicia

O Consello da Cultura Galega abriu a actividade sobre Florencio Delgado Gurriarán en xaneiro, coa súa entrada no Álbum de Galicia, asinada por Xosé Ramón Fandiño. A entrada dá conta do seu perfil biográfico e fai fincapé no seu papel activo e moi comprometido, sobre todo, coa defensa do idioma.

Asegura Fandiño na súa entrada que os vértices da súa poesía arredor de tres eixes temáticos e estilísticos: “a obra lírica e sensual de Valdeorras, compilada no libro Bebedeira; a poesía de loita e defensa da lingua galega e belixerante contra o fascismo, que se publicou sobre todo en Nueva Galicia e se recolleu no libro O soño do guieiro. O terceiro eixe é o da poesía crioula recollida nas revistas Saudade e Vieiros e no libro Galicia infinda, na que o autor mostra a súa admiración pola realidade mexicana, e a capacidade da lingua galega para dialogar cun sistema literario tan diferente como o mexicano”.

O CCG no Día das Letras Galegas

O Consello da Cultura Galega celebra o Día das Letras Galegas cun programa de actividades que se estenden máis alá do 17 de maio e teñen a vontade de percorrer todo o ano. A presentación do espazo web é a primeira das actividades previstas, que incluirá como cada ano unha publicación conmemorativa e un concerto institucional. O Concerto institucional, na véspera da propia celebración, terá lugar nun espazo próximo á figura homenaxeada e incluirá unha estrea.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...