O BNG de Outes denuncia os recortes en transporte público no concello

17 Febreiro 2022

O BNG de Outes, a través da súa voceira municipal María Xosé Suárez Castro, vén de compartir un vídeo nas redes no que a agrupación denuncia o que considera unha nova discriminación para o termo municipal: “Os novos recortes que leva a cabo a Xunta de Galiza con respecto ao transporte público de Outes”.

Para o BNG, trátase dun novo capítulo “dos castigos ao que o Goberno galego somete ao rural”. Segundo di, os recortes no transporte público deixarán a unha manchea de parroquias sen autobús, directamente. Entre elas atópase Cuns, que foi declarada aldea modelo no seu día e para a cal buscáronse iniciativas que axudasen a fixar poboación. “Malamente entendemos nós que este sexa un xeito de incrementar os residentes dun lugar”, sinala a voceira municipal do BNG. Por certo que a denuncia dos recortes en transporte público debaterase no Parlamento galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.