Saen novamente números da edición impresa de “O Barbanza” que nesta ocasión recolle a celebración da nosa poetisa máis emblemática, coas actividades que teñen lugar estes días nos distintos concellos da comarca.
Coma non a homenaxe que a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela fixo o pobrense, Victoriano García Martí, e o uso da nosa lingua coas iniciativas feitas por Política Lingüística son outras das reportaxes deste número no que destacamos o labor expansivo da empresa CONGALSA.
Nese mesmo número pasamos revista á actualidade da comarca e os distintos proxectos que se están a facer nela.
O especial da publicación céntrase no Entroido do que recollemos os amplos programas culturais e lúdicos da comarca.
Pasamos revista tamén a cousas que non están entre nós do Patrimonio e na parte histórica recollemos a homenaxe que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Barbanza lle fixo ós fusilados de Ribeira en Boisaca no 85 aniversario do seu pasamento.
Unha entrevista co novo presdiente da Mancomunidade Barbanza Arousa , o alcalde de A Pobra, o apoio o carballo de Conxo que loita por selo primeiro de Europa e a loita contra o feismo e as novidades literarias completan este número.
Coma sempre “O Barbanza” ten unha tirada de 7.000 exemplares e está xa en distribución de balde en toda a comarca, podendo amais descargarse en pdf e leerse en trebellos móbiles.