Detidos catro veciños da Pobra por roubos en locais de hostalería

24 Febreiro 2022


A Garda Civil do Posto de Boiro detivo a catro homes veciños da localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal por varios delitos de roubo en locais de hostalería.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron por mor de varios roubos nos últimos meses en locais de hostalería da localidade da Pobra, así como nunha vivenda e dúas embarcacións.
A Garda Civil logrou a identificación plena dos autores dos mesmos, que resultaron ser veciños desta localidade, coñecidos das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole, destacaron as mesmas fontes.

A Benemérita procedeu á detención destas catro persoas como presuntas autoras de roubos con forza en locais de hostalería, nunha vivenda habitada e dúas embarcacións das que subtraeran diversa ferramenta.

Sobre dous dos detidos pesaban senllas ordes de detención por parte dun Xulgado de Instrución de Ribeira pola súa implicación noutros roubos cometidos anteriormente.

As mesmas fontes indican que a contía do subtraído ascende a máis de 4.700 euros, así como “gran cantidade de bebidas e comida”, engaden. Os detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos ao dispor do xulgado de Instrución de garda de Ribeira, que decretou a súa liberdade con cargos.

Cuartel de Boiro da benemérita

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.