Ambar abre as inscricións para a súa formación de auxiliares de comercio e reparto a domicilio

03 Febreiro 2022

A Asociación Ambar dar persoas con diversidade funcional abriu as inscricións para a formación Actividades Auxiliares de Comercio e Entrega e Recollida a Domicilio que impartirá no seu Centro de Recursos da Barbanza, emprazado en Frións, Ribeira. A actividade comezará o 1 de marzo e celebrarase de luns a venres no Centro de Recursos da Asociación Ambar en Ribeira (San Roque/Frións) de 10.00 a 14.00 horas.

Esta formación está destinada a persoas con diversidade funcional e ten como obxectivo “facilitar que obteñan un perfil polivalente na área de comercio”, ocupando postos como, entre outros, de repoñedores, repartidores ou auxiliares de comercio.

A formación, totalmente gratuíta, conta cun bolsa de asistencia de 9 euros ao día e a posibilidade de transporte adaptado. O grupo será dun máximo de 10 persoas.

Esta formación é posíbel grazas ao financiamento da Fundación ONCE concedida ao abeiro da convocatoria de axudas económicas Uno a Uno de 2021, e enmárcase no Programa de Emprego Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES 2014-2020 co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).

Gonzalo, Javier, Angel, Juan, Ana e Hector cos diplomas do curso de xardinería de Ambar

300 horas de contidos

Esta formación está destinada a ocupación de persoas son diversidade funcional no sector do comercio. A formación conta cun total de 300 horas, divididas en 180 horas de formación teórica e 120 horas de formación práctica en empresa. Comezará o 1 de marzo de 2022 e rematará o 21 de xuño de 2022 (primeira quenda de prácticas) ou o 4 de agosto de 2022 (segunda quenda de prácticas).

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición:

• Chamando directamente ó 981 87 44 80

• Escribindo á conta de correo empregoinclusivo@asociacionambar.og

• Ou na web da entidade, asociacionambar.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.