A Policía Local da Pobra refórzase con catro novos axentes

10 Febreiro 2022

O Consistorio da Pobra acolleu este 10 de febreiro a incorporación oficial de catro novos axentes ao corpo da Policía Local. As incorporacións fixéronse a través do proceso de mobilidade (ao solicitar un dos novos axentes o municipio do Caramiñal como destino ao que trasladarse) e, tamén, coa superación das probas pertinentes na Academia Galega de Seguridade Pública. Esta precisamente foi a vía pola que se integraron no corpo tres dos novos policías, que, segundo lembran fontes do Concello, xa están familiarizados co termo municipal a ter realizado nel as súas correspondentes prácticas, nos períodos do día 10 de xullo ata o día 5 de setembro de 2021 e dende 23 de decembro de 2021 ata 31 de xaneiro de 2022.

Deste xeito, o cadro de persoal pasa a estar conformado por 10 policías.

Na xornada deste 10 de xaneiro efectuouse a toma de posesión dos novos axentes nun acto que se desenvolveu no salón de plenos e que contou coa asistencia de membros da Corporación municipal, do mencionado corpo policial e tamén representantes da Garda Civil e da Protección Civil.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), puxo en valor o traballo destes profesionais e manifestou que se seguirá traballando no reforzo dos recursos, tanto materiais coma humanos, deste corpo policial, poñendo como exemplo a reforma das dependencias efectuada a finais do 2019. Agradeceu, así mesmo, o traballo da Garda Civil e da Protección Civil e cualificou a xornada de hoxe de “histórica” coa entrada dos catro novos axentes.

Pola súa parte, o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), fixo lectura dun documento datado de 1911 onde se deixa constancia do nomeamento dun axente na localidade e destacou que, 111 anos despois, “é a primeira vez que temos dúas compañeiras, dúas mulleres no corpo”. Apuntou, ademais, que a fórmula dun bo policía é “coñecementos máis habilidade multiplicado por actitude” e fixo unha proclama a prol da unidade.

A este respecto tamén se referiu o xefe da Policía local, José Manuel Cameán, quen salientou a valía profesional e boa relación coa veciñanza e declarou que a incorporación de dúas mulleres supón “un paso moi importante na igualdade e que veña para quedar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...