A Pobra aposta novamente polo xogo-concurso “As sete Rosalías”

10 Febreiro 2022

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal volve apostar para o Día de Rosalía de Castro, que se
conmemorará no 23 de febreiro, polo xogo-concurso As sete Rosalías, ademais de impulsar outras actividades que se anunciarán nos próximos días.
A referida proposta está dirixida ás crianzas co obxectivo de lles achegar a figura desta intelectual galega dun xeito didáctico e cun compoñente lúdico, segundo explica a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE), pois considera que “é preciso continuar co labor divulgativo da súa persoa, obra e, polo tanto, do seu legado.”
A dinámica é a mesma ca a do pasado ano: consiste en atopar varias siluetas recortadas coa forma de Galicia que conteñen no seu interior o rostro da intelectual acompañado de versos seus. Estas pezas expóñense nos escaparates de diversos establecementos locais da Pobra dende o día 11 ata o 25 de febreiro. O desafío reside en buscar nos escaparates dos locais do municipio as 7 versións diferentes da imaxe que ilustra o cartel, xa que non todas son iguais. Poden participar todos aqueles nenos e nenas pobrenses con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que conten cun dos impresos repartidos nos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra.
Unha vez atopadas, será preciso anotar no folleto cal é esa diferenza e en que instalación se sitúa. De lograren supera-lo reto, deben entrega-los impresos debidamente cubertos cos datos requiridos nos centros de ensino xa mencionados.
No 4 de marzo realizarase un sorteo de diversos agasallos entre tódolos cativos e cativas acertantes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...