A Pobra acolle dúas novas sesións formativas sobre sustentabilidade agraria

11 Febreiro 2022

O Concello da Pobra, a través da área de Promoción Económica que dirixe Charo Varela (Nós Pobra), vai organizar dúas novas sesións formativas relativas ao proxecto local para o aproveitamento de excedentes agrarios. As sesións serán impartidas por persoal da Granxa Burbullas de Sol (Vedra). A primeira delas, Pragas e outras lerias das leiras (ecolóxicas), celebrarase o 16 de febreiro; mentres que a segunda, que leva por título Plantas para coidar a horta, será no día 23. Ambas transcorrerán no Auditorio do Museo Valle-Inclán, a partir das 19.00 horas.

Abertas a toda a cidadanía en xeral, é necesaria inscrición previa a través do teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035, ou no enderezo electrónico promocion.economica@apobra.gal.

Cómpre lembrar que entre os obxectivos do referido proxecto do Concello da Pobra atópanse poñer en valor a produción agrícola das pequenas explotacións do concello; fomentar consumo de alimentos de calidade e de proximidade (quilómetro 0); xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada; dinamizar o comercio local, neste caso, a través dunha plataforma dixital; fomentar a actividade agraria; e promover un estilo de vida saudábel e sustentábel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.