A hostalería e o lecer nocturno de Galicia recuperan os horarios prepandemia desde este sábado

10 Febreiro 2022

Desde a medianoite deste sábado os establecementos poderán abrir ata a hora que marque a súa licenza
A Xunta mantén a recomendación do uso de máscara nos patios dos colexios

A partir do sábado poderán abrir segundo as limitacións que teñan na licenza, así o decidiu o comité clínico na súa última reunión. A Xunta solicitou ao TSXG que se renove a vixencia do certificado covid.
a partir desta fin de semana deixará de haber restricións horarias na hostalería en Galicia, que poderá funcionar segundo as limitacións da súa licenza. É dicir, os horarios volven ao estado prepandemia.

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Con todo, si que seguirá en vigor o uso do certificado covid. A Xunta enviou ao TSXG a solicitude para ampliar outras dúas semanas a vixencia do documento nos ámbitos nos que actualmente está implantado, incluído o sector da hostalería, onde é obrigatorio para acceder ao interior de bares, restaurantes e lecer nocturno.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.