A Cámara de Santiago achega un obradoiro de Shopify impartido por Javier Rocamora

04 Febreiro 2022

A Cámara de Comercio de Santiago organiza os días vindeiros un novo obradoiro para fortalecer a actividade das organizacións a través das posibilidades que ofrece o comercio electrónico. O Taller creación de tenda online con Shopify para entidades de economía social celébrase entre os días 14 e 18 de febreiro en horario de 10.00 a 13.00 horas. Será impartido por Javier Rocamora García, un dos grandes expertos estatais en mercadotecnia online e comercio electrónico, achegando ás persoas participantes as claves do servizo Shopify como plataforma de comercio electrónico na nube. Será unha actividade en liña e de balde.

O taller enmárcase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Contidos

• Coñecer Shopify como plataforma de comercio electrónico na nube.

• Axudar a elixir un plan de prezos e servizos segundo as necesidades do asistente.

• Aprender os pasos básicos para a creación dunha tenda online sinxela con Shopify.

• Coñecer as posibilidades de integrar servizos externos en Shopify (TPV, compartir catálogo, etc).

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.