A Academia Galega dá a coñecer as 16 candidaturas finalistas nos 20 Premios Mestre Mateo

10 Febreiro 2022

A Academia Galega do Audiovisual anunciou na mañá deste 10 de febreiro, desde o showroom de Cafés Candelas en Lugo, os nomes dos proxectos e profesionais finalistas da XX edición dos Premios Mestre Mateo. Foi no transcurso dun “café entre amigos” coa presenza de Alba Mancebo, Esther Estévez, Beatriz Serén, Luis Iglesia e María Costas, que desvelaron as candidaturas finalistas.

Cuñados, Jacinto, Malencolía e Tres son finalistas á Mellor longametraxe, mentres que A poeta analfabeta, A virxe roxa, O gran camiño e Welcome to ma maison sono a Mellor documental. As finalistas a Mellor serie son Hierro, A lei de Santos, Auga Seca e Método Criminal e a Mellor serie web as series Cacola, Delicias Amargas, Mataría Microserie e Xela Arias. A palabra esgazada.

A primeira rolda de votacións das académicas e académicos converte ao filme Cuñados na produción máis votada, acadando 16 candidaturas finalistas, seguida por Jacinto e Malencolía con 11, a serie Hierro, con 8, e Eles transportan a morte e Tres con 6.

Os directores dos traballos máis votados, Alfonso Zarauza, Javi Camino, Jorge Coira e Toño Chouza, competirán polo premio á Mellor dirección.

Cuñados acapara 6 candidaturas finalistas nas categorías de interpretación, cos tres protagonistas do filme, Federico Pérez, Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán competindo polo trofeo a Mellor interpretación masculina protagonista, xunto con Pedro Brandariz, por Jacinto.

Malencolía logra 5 candidaturas finalistas para os seus intérpretes, recoñecendo o traballo das actrices de reparto Iolanda Muíños e Ledicia Sola e a protagonista Melania Cruz, así como o de Diego Anido e Ricardo de Barreiro, na categoría de Mellor interpretación masculina de reparto.

Dos 32 programas de TV presentados os votos das académicas e académicos elixiron Cinephilia, Clac, Cos pés na terra e Dígocho Eu e o traballo de Esther Estévez, Paco Lodeiro, Rodrigo Vázquez e Simone Saibene na categoría de Mellor comunicador/a.

O vídeo-clip da canción Figa de Tanxugueiras é finalista xunto con El volcán de Pablo Lesuit, Fukushima de Triángulo de amor bizarro e Voucho contar así de Grupo Antilia.

Pola súa banda, A comuñón da miña prima Andrea, Augas Abisais, Aura e Fracturas son as finalistas na categoría de Mellor curtametraxe; e E Lalín… sóache?, Las estrellas del camino. Miradas de resistencia, Redes vivas e Xacobeo, camiña a Galicia na de Mellor anuncio.

A gala de entrega de premios na que se coñecerá o palmarés dos XX Mestre Mateo terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña.

Outros artigos

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

+

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

El cierre del servicio estatal de correos en Dinamarca con más de cuatro siglos dehistoria es una de esas noticias que quedan eclipsadas por la rabiosa actualidad. Sinembargo, su significado es profundo. No se trata solo de una reestructuración logísticade los...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.