Vespera de Reis con risco de choiva intermitente ata media tarde

04 Xaneiro 2022

Galicia continuará durante este día na influencia das baixas presións. Así, agárdanse ceos cubertos, con chuvias máis importantes durante a mañá. A partir do mediodía quedaremos nunha situación de chuvascos, con apertura de tímidos claros co avance da tarde. A cota de neve situarase nos 1000 metros a primeiras horas e irá en progresivo ascenso ata os 1200 metros. As temperaturas sufrirán un moderado descenso, con formación de xeadas en el interior. O vento comezará frouxo do sur e cambiará a noroeste pola tarde.

Na comarca para os vindeiros días teremos alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o mércores e o xoves pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.

meteogalicia

CABALGATAS: En principio está previsto que deixe de chover na comarca a media tarde para quedar o ceo cuberto.

Previsión do tempo por horas na comarca. Meteoblue

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, do noroeste á tarde e do noroeste á noite, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá, 2.5 a 3 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar05:404.0 m
Baixamar11:560.4 m
Preamar18:093.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:313.9 m
Baixamar11:480.4 m
Preamar18:023.5 m
Baixamar23:590.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:363.9 m
Baixamar11:530.4 m
Preamar18:063.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.