Trenor enxalza en FITUR os atractivos do Camiño A Orixe

19 Xaneiro 2022

A 42 edición do evento FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid desde este mércores 19 de xaneiro, acolleu na súa primeira xornada de actividades o relatorio Barbanza Arousa, experiencias na Orixe da tradución xacobea. Nel participou Gonzalo Trenor, delegado da Xunta en Galicia.

O representante do Goberno autonómico puxo en valor “o excelente traballo do xeodestino de Barbanza Arousa para achegar ao peregrino unha alternativa ao roteiro Mar de Arousa e Río Ulla de forma terrestre, ofrecendo aos visitantes a posibilidade de realizar a ruta A Orixe”. Neste senso, apuntou que “a posta en valor desta ruta non foi doada” e felicitou a todas a entidades implicadas (as que integran a Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira) deste xeodestino “polo seu traballo, bo facer e excelentes resultados que contribuirán decididamente no proceso de reactivación e recuperación dos viaxeiros, que valoran produtos turísticos como os que se ofertan neste destino, baseados na natureza, o contacto coa poboación local e a calidade”.

Trenor rematou a súa intervención subliñando que “a colaboración entre administracións e o sector turístico sitúanos no camiño correcto para fortalecer a marca turística do Barbanza como parte esencial da marca Destino Galicia” e apuntou que “para lograr este obxectivo esta mancomunidade conta coa Xunta de Galicia”.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.