Seis novas mortes elevan a 2.993 as vítimas en Galicia por coronavirus aumenta a 2.924

29 Xaneiro 2022

A Consellería de Sanidade notificou seis novas mortes con coronavirus en Galicia nas últimas horas. Deste xeito, o total de vítimas elévase a 2.924 desde o inicio da pandemia.

Estas seis persoas contaban con patoloxías previas. Dous deses óbitos tiveron lugar este sábado, 29 de xaneiro. Trátase de dous homes de 74 e 79 anos falecidos no Chuac da Coruña.

Pola súa banda, na xornada do 28 de xaneiro producíronse outras catro defuncións. Foron tres mulleres de: 87 anos (falecida no seu domicilio na área sanitaria de Ourense), 87 anos (no CHUO de Ourense) e de 89 anos (no Chuac). A lista complétase cun home de 96 anos, @finado no hospital de Verín.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 67.461 deles 14.641 son da área da Coruña, 6.900 da de Lugo, 6.843 da de Ourense, 7.591 da de Pontevedra, 17.617 da área de Vigo, 10.656 da de Santiago-Barbanza e 3.213 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 595 en unidades de hospitalización e 66.826 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 340.738 persoas curadas, rexistrándose 2.918 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 3.545.552.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.380.604.A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves

Outros artigos

“Día das Letras, o valor da palabra herdada”. Alberto Barciela

Non é un cartel, nin un nome. A conmemoración anual do Día das Letras Galegas trascende o persoeiro celebrado, incluso a data, por festiva que sexa, para converterse nun referente da importancia cultural dunha lingua, dunha cultura, dun pobo. Un pode estar de acordo...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.