Sálvora esperta do letargo pandémico con 14.000 visitantes no 2021

13 Xaneiro 2022
Entre as dúas illas de Arousa, Sálvora e Cortegada suman o ano pasado preto de 19.000 visitantes.


O parque nacional de Illas Atlánticas empeza a achegarse á normalidad anterior á irrupción do coronavirus. Así o apuntan as estatísticas de visitantes do ano recentemente finalizado, que concluíu con 456.255 persoas e con Cíes e Ons como principais bandeiras. Son 137.600 máis que con respecto ao exercicio 2020, aínda que ese foi un ano que estivo marcado pola explosión do COVID-19, o confinamiento e as restriciínss á mobilidad.

Con respecto a 2019, no que as visitas rozaron as 472.300 persoas e que pode considerarse como o último ano normal, tal como apuntan desde a Consellería de Medio Ambiente os datos de 2021 serven para achegarse aos niveis prepandemia.

O arquipélago con maior tirón entre visitantes e turistas segue sendo Cíes, con moita diferenza con respecto aos
demais. As illas situadas na bocana de ría de Vigo concentran máis do 64% de visitas ao parque nacional no
ano 2021.

En total foron 292.532 as persoas que acudiron a esta illa, moi preto das 296.200 do ano 2019 e moi
por encina das 208.400 do atípico 2020. Despois sitúase Ons, con algo máis de 144.000 visitantes. A moita máis distancia quedan Sálvora, que roza os 14.000, e Cortegada, con casi 5.800.

A tempada alta no Parque Nacional Illas Atlánticas arrinca a mediados de maio e os meses nos que se rexistra
máis afluencia son os do verán, xullo e agosto.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.