Remata a filmación da longametraxe Sica, rodada na Costa da Morte e tamén en Corrubedo

13 Xaneiro 2022

Rematou na Costa da Morte, finalmente, a rodaxe do filme da produtora galega Miramemira que se estivo rodando os días pasados en Corrubedo, tirando proveito dos impoñentes escenarios naturais que ofrece a vila ribeirense, xunto coa súa arquitectura. Estamos a longametraxe de ficción Sica, dirixida por Carla Subirana e co-producida por Alba Sotorra.

O Cemiterio dos Ingleses, no concello de Camariñas, foi este mércores o escenario dunha das últimas sesións de rodaxe do filme Sica, que se desenvolve desde primeiros de decembro en diferentes localizacións da Costa da Morte, e tamén na nosa comarca.

O equipo da película recibiu no dito camposanto a visita do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, quen coñeceu de primeira man o proceso de filmación desta coprodución galego-catalá, para a que a compañía Miramemira conta cunha axuda da Xunta de máis de 250.000 euros.

O filme ponnos na pel dunha moza, Sica (Thais García), que agarda que o mar lle devolva o cadáver do seu pai mariñeiro. Faino na compaña do seu amigo Suso, cuxa única teima é a inminente chegada da galerna Ofelia. A longametraxe rodouse principalmente nos concellos da Costa da Morte (Malpica, Laxe, Ponteceso), onde Sica, coas súas pescudas, descubre un día que o seu tanto o seu pai, como a comunidade de veciños onde reside, non son como ela que pensaban que ela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.