Recollidas arredor de 140 toneladas de residuos nos diferentes formatos de punto limpo existentes na Pobra

20 Xaneiro 2022

O punto limpo situado no polígono da Tomada rexistrou no pasado exercicio 139 toneladas de residuos, mestres que no 2020 foron 118 toneladas. Segundo informa a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), a madeira supón a maior parte do peso, seguida dos entullos, chatarra, televisións e monitores, aparellos eléctricos, utensilios de frío e voluminosos. Cómpre lembrar que esta instalación é un lugar onde levar gratuitamente os nomeados desperdicios, en horario de 10.00 a 13.00 horas, de luns a sábado.
Ademais, existe un servizo de recollida de voluminosos en puntos próximos aos domicilios mediante un aviso previo no teléfono de contacto 981871808.
Así mesmo, o Concello implantou un sistema de reciclaxe complementario aos existentes: un punto limpo móbil. Trátase dun colector de residuos de pequeno formato, previsto para o seu traslado pola vía pública, e que conta con varios espazos independentes de introdución e almacenaxe de residuos: cartuchos de impresora; aerosois; pilas (convencionais, alcalinas, botón e baterías); teléfonos móbiles; produtos electrónicos tipo RAEE (cargadores de móbiles, auriculares etcétera); CD, DVD e cintas de vídeo; lámpadas de baixo consumo; xoguetes de plástico; e pequenos electrodomésticos. Dende a súa posta en marcha en xullo do 2021, recolléronse un total de 422’25 quilogramos, representando os aparellos electrónicos e eléctricos a maior parte do peso, sucedéndolle as pilas, lámpadas de baixo consumo, obxectos plásticos e aerosois.
Indicar que as rutas e frecuencias deste servizo distribúense do seguinte xeito: O Maño, no Alto de Cabío (na primeira semana de cada mes); A Ribeiriña, no parque onda a antiga fábrica de fariña (segunda semana); Santo Isidro, onda o bar (terceira semana); e O Colo de Arca (cuarta semana). Permanece así un total de sete días por localización.

Doutra banda, atópanse os dous minipuntos limpos urbanos situados fronte á casa consistorial e na praza do Emigrante. Consisten en estruturas verticais con diferentes apartados, onde se especifica a que están destinados cada un. Rexistraron durante o pasado exercicio 1.024 quilogramos de refugallos -cifra similar á do 2020-, constituídos
principalmente por pilas e baterías de móbiles, seguidas dos RAEE de pequeno tamaño, as lámpadas de baixo consumo, os CD e DVD, os teléfonos móbiles e os cartuchos de impresora. Como novidade, actualmente admítense neste sistema de recollida selectiva as cápsulas de café que están compostas de aluminio e plástico.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.