Reciclados na Pobra un total de 7.115 quilogramos de aceite doméstico no 2021

20 Xaneiro 2022

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), fixo balance do acadado a través das iniciativas de reciclaxe que se desenvolveron no pasado exercicio a nivel municipal. En canto ao aceite doméstico, depositáronse 7.115 quilogramos nos colectores habilitados en distintos puntos do termo municipal (15 na vía pública e 1 situado na praza de abastos, ademais do punto limpo do polígono da Tomada), cuxo destino final é o aproveitamento para a produción de biocarburante.

Máis polo miúdo, no aparcadoiro do recheo recolléronse 1.300 quilogramos; na zona verde da rúa Barrantes, da urbanización O Lagar, 960; na rúa do Curraliño, na esquina da casa da cultura Raquel Fernández Soler, 740; no lugar de Caíños, fronte ó bar O Campiño, 610; no lugar da Covecha, fronte ás pistas de tenis, 610; no lugar da Virxe do Monte, xunto á capela, 440; no lugar da Costa, fronte á panadaría O Forno do Maño, 420; na rúa Venecia, xunto á pista deportiva, 380; na zona verde da rúa Lamas e Andrés, 330; na rúa de Venecia, nas proximidades do paseo dos Areos, 290; na Ribeiriña, xunto á marquesiña do bus, 285; na explanada da Pedreira, no Camiño Ancho, 230; no parque do Castelo, fronte ó bar O Facho, 170; na estrada de Lesón, xunto ós contedores amarelo e azul, 150; e na rúa da Angustia, xunto a Muebles Lijó, 150. Doutra banda, 29’6 quilogramos correspóndense coa praza de abastos e 20 co punto limpo, servizo onde tamén se dá entrada a este tipo de residuos.

A cifra total supón un incremento de 298 quilogramos na recollida de aceite doméstico respecto de 2020, ademais de evitar no 2021 a contaminación de arredor de 7.826.500 litros de auga por non desfacerse do referido residuo polos sumidoiros.

Dende a Área do Medio Ambiente anímase á veciñanza a continuar implicándose no coidado do entorno e lémbrase que o depósito de aceite debe realizarse en recipientes de plástico para evitar que se produzan verteduras.

Outros artigos

Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal. A hostalaría dos catro...

+

A Pobra reivindica unha “igualdade real” no marco do 8M

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara "a unha igualdade real". “Este 8M queremos que a nosa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.