Prorrogadas ata o 29 de xaneiro as restricións anticovid en Galicia

16 Xaneiro 2022


O TSXG autoriza á Xunta manter a esixencia do certificado covid e a prohibición de reunións de non conviventes na rúa nas madrugadas das fins de semana
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a prórroga ata o próximo 29 de xaneiro das medidas antocivid que foron aprobadas antes de fin de ano para facer fronte á sexta onda da pandemia.

Entre elas, a prohibición de reunións entre non conviventes entre as 3 e as 6 da madrugada, que a partir da semana que vén quedará limitada aos venres, sábados, domingos e festivos, é dicir, nas noites de marcha, así como a esixencia de presentar a certificado covid-19 de vacinación, de proba diagnóstica negativa ou de recuperación recente da enfermidade para acceder á hostalería, lecer nocturno, hospitais, residencias, ximnasios e albergues turísticos.

Segundo informa o TSXG, os maxistrados explican na resolución que as medidas teñen como propósito “defender a saúde pública, malograda pola pandemia”, así como conter a expansión do virus.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.