Portos buscará unha solución alternativa na fronte portuaria de Palmeira

13 Xaneiro 2022

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, estiveron esta mañá en Palmeira para observar in situ a intervención que de xeito provisional, utilizando bolardos e bancos de pedra,
realizou o ente autonómico na fronte portuaria da localidade co obxecto de evitar que o tráfico rodado obstaculice o normal desenvolvemento das actividades portuarias.
Os representantes de ambas administracións (no encontro tamén estiveron presentes o patrón maior de Palmeira, Miguel Franco, e o concelleiro Emilio Pérez) coincidiron en que a actuación efectuada non é a máis idónea, razón pola cal dende Portos de Galicia se van estudar solucións alternativas. Con esta fin o Concello vai realizar as súas aportacións logo de pulsar a opinión dos veciños da parroquia, que teñen neste punto un centro neurálxico da súa vida social.
Entretanto non se aplique unha nova solución, o Goberno Local do Concello avoga por que se restitúa a zona afectada ao seu estado anterior.
Aclaración
Ao fío disto cómpre aclarar que o convenio subscrito entre o Concello e Portos de Galicia para o mantemento da zona portuaria unicamente surtirá efectos unha vez se execute a millonaria inversión para a remodelación da contorna conforme ao proxecto da Fundación RIA.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.