Os servizos de emerxencia rescatan aos tripulantes dunha lancha á deriva en Vilanova de Arousa

22 Xaneiro 2022

Unha embarcación de Protección Civil rescatou esta tarde aos dous tripulantes dunha lancha que quedou á deriva nas proximidades Vilanova de Arousa.

Foi un dos membros da tripulación da lancha quen contactou co 112 Galicia para alertar da súa situación, cando faltaban poucos minutos para as 17:45 horas. Indicaba na súa chamada que quedaran sen motor. Engadía que ningunha das persoas que navegaban na lancha precisaba asistencia médica.

Axiña, con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, que mobilizou, finalmente, unha embarcación de Protección Civil da localidade para o rescate.

Ademais dos voluntarios de Protección Civil, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Policía Local.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, Protección Civil rescatou, sans e salvos, aos tripulantes, cuxa lancha, que permanecía amarrada nunha batea, e os remolcou ata o porto de Vilanova.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.