Os Reis Magos recibirán á rapazada de Outes até as 18.00 no Pavillón para logo iniciar un percorrido pola vila

05 Xaneiro 2022

O Concello de Outes compartiu a axenda dos Reis Magos no termo municipal, este 5 de xaneiro. A actividade das Súas Maxestades comeza ás 11.00 da mañá no Pavillón Deportivo da Serra, onde estarán até as 13.00 horas recibindo ás nenas e nenos do concello, achegándolles a maiores un pequeno agasallo. Haberá quenda de tarde, a partir das 15.00 e até as 18.00, respectando ao máximo as medidas sanitarias anti-COVID.

A partir das 18.00 horas comezará o desfile das Súas Maxestades, con saída do Pavillón da Serra e percorrendo as seguintes rutas: Paseo do Muelle, avenida do Rocío, Agro das Mozas, avenida de San Campio, rúa da Vila, rúa da Cruz, avenida de Fisterra, avenida de Compostela e rúa Braña.

O Concello fai saber que non haberá encontros da rapazada cos Reis Magos despois do dito itinerario. Ademais, recomenda encarecidamente á cidadanía que evite as aglomeracións e respecte as medidas para evitar a propagación da COVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.