Os primeiros casos de flurona (gripe e Covid) detectáronse en Galicia en 2021

03 Xaneiro 2022

A portavoz da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbiología Clínica ( SEIMC), María del Mar Tomás, microbióloga do Hospital Universitario da Coruña dixo que os primeiros casos de coinfección por SARS- CoV-2 e o virus da gripe influenza ( flurona) rexistráronse en 2021 en Galicia en dúas persoas que tiñan as dúas infeccións ao mesmo tempo.

A experta explicou, ademais, que esta coinfección “parece non ter maiores complicacións” polo momento, e que os casos rexistrados non son “graves” tras detectarse este luns infeccións en Cataluña. Tomás reafirmou que non se trata dunha nova variante do SARS- CoV-2 e tampouco dun virus novo.

A sintomatoloxía é similar á variante ómicron pero recalcou que non se trata dunha nova variante “nin nada similar” e subliñou que, de todos os casos reportados desta coinfección (os primeiros producíronse en maio de 2020, segundo estudos publicados na revista médica ‘ The Lancet’) “non se viu un mal prognóstico”.

Outros artigos

“Conservatorio de Lugo” – Xulio Xiz

Acudín a un sinal de vida no Auditorio grande de Lugo, ese que é homenaxe permanente a Xesús Mato e aos mozos que en Mondoñedo entraron na gloria da música, e desfrutei do concerto da actual fornada do Conservatorio de Música lucense,, que se permite ter tres bandas:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.