Os empresarios da Pobra entregan este venres os premios da súa Campaña de Nadal

14 Xaneiro 2022

A Asociación de Empresarios de Pobra do Caramiñal, a través do seu presidente Manuel Tomé, convocou para este venres 14 de febreiro ao sector do comercio local co obxectivo de facer entrega dos premios aos clientes agraciados cos premios da Campaña de Nadal 2021-2022 da asociación. O acto dará comezo ás 20.45 horas.

Será unha contía de 1.000 euros a repartir da seguinte maneira: 1 premio de 200 euros, outro de 100 e 14 de 50 euros. As persoas agraciadas terán de prazo até o 28 de febreiro de 2022 para facer as súas compras nos comercios adheridos á campaña. Na reunión deste venres recibiran os vales de compra que poderán usar nos establecementos que secundaron a campaña, unha iniciativa que foi posíbel grazas á colaboración dos empresarios do Polígono Industrial.

A patronal da Pobra quixo recordar tamén que “o Concello non respondeu á nosa solicitude de colaboración de data 9-11-2021, por importe de 15.000 euros”, segundo explicou a entidade nun comunicado, no que os seus responsábeis din “non entender as razóns deste comportamento, a pesar de indicar ao Consistorio, no escrito, que todos os Concellos do Barbanza colaboraron coas respectivas patronais con importes entre 15.000 e 30.000 euros en cada exercicio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.