Once carrozas integrarán a Cabalgata de Ribeira, que troca o percorrido e será trasmitida pola rede

Tal e como se anunciou, a Cabalgata de Reis de Ribeira variará este ano o seu percorrido. Sairá ás 18 horas dende o recheo do Malecón, pasará polo paseo do Malecón, avda García Bayón, Paseo das Carolinas e volta nesa rotonda para vir polo mesmo lado ata capitanía, onde estará instalado un escenario para que os Reis Magos sexan recibidos polo Alcalde e o resto de autoridades, e onde darán o discurso a todos os asistentes aos que se lles pide encarecidamente
que garden a distancia de seguridade entre grupos de non convivintes e utilicen a mascarilla.
Trátase dunha comitiva de 11 carrozas de personaxes infantís encabezados pola Polícia Local, a carroza da Estrela de Belén, carroza Señor e Señora Potato, carroza dos Tres Porquiños, carroza de David El Gnomo, carroza do Patiño Feo, carroza de Pepiño Grilo de Pinocho, carroza de Carapuchiña Vermella, carroza do Rei Melchor, carroza do Rei Gaspar e carroza do Rei Baltasar e pechando unha carroza co grupo musical de Ribeira “Leite con jalletas” tocando en directo.
Acompañarán as agrupacións musicais: Grupo de Gaitas Os Castros de Ames, Charanga O Santiaguiño de Padrón, Banda de Música de Barro, Grupo de Gaitas de Música Tradicional Tahume e Leite con Jalletas así como a animación de rúa de Barafunda coa Raíña de Corazóns, 4 flamingos de globos e luz led e equipo musical e Troula con Circo Krastanikow con varios animais xigantes inchables como unha xirafa, un rinoceronte e un elefante e varios animadores
zancudos e bicicletas musicais con iluminación de led.
Non se botarán caramelos e redúcese a un máximo de 6 nenos/as por carroza a presenza nas mesmas para garantir a separación por grupos de convivintes (irmáns) participando as Asociacións Amas de Casa, Aires de Dorna, Alfaia, Flor de Toxo, Veciños de Carreira e Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño con nenos disfrazados de bolas, campás, árbores de Nadal, paxes e pastores ademáis de voluntarios de ICE Renovación que axudarán no desfile e durante o discurso emonitorado contratado. As agrupacións de Protección Civil, GAEM e Policía Local tamén participarán do operativo.
Solicítase en todo momento que a xente permaneza sen moverse do seu lugar orixinal, que non siga o desfile, xa que pasará por todo o percorrido anunciado e que non se xunten con non convivintes.
Streaming
Tanto o desfile como o discurso será emitido en streaming na canle de youtube do Concello de Ribeira, nas redes Sociais do Concello de Ribeira e en Canal Barbanza.
Previamente, o Bus Real estará todo o día, dende as 10 horas percorrendo as distintas parroquias. Os tres reis estarán
acompañados de cada seu paxe real que serán os encargados de entregar unha rifa pro neno/a para a realización dun SORTEO dun Super Agasallo dos Reis Magos entre os presentes, segundo o seguinte horario e emprazamento:
 Capela da Guía, Carreira, ás 10:00 h.
 Aula de Música de Aguiño, ás 10:45 h.
 Porto de Castiñeiras, ás 11:30 h.
 Porto de Palmeira, ás 12:15 h.
 Centro Social de Oleiros, ás 13:00 h con visita ao Hospital da Barbanza
 Centro Recreativo de Artes, ás 16:00 h.
 Casa da Cultura de Olveira, ás 16:45 h.
 Corrubedo: Rúa das Delicias, ás 17:30 h.
A vontade de Ribeira é recibir aos Reis coa maior seguridade e prevención fronte ao covid19 e que un ano máis poidan vir saudar aos cativos do municipio facéndoo no bus ao longo do día polas parroquias e despois no desfile e discurso Real no Malecón reducindo ao máximo o contacto, polo que NON HABERÁ RECEPCIÓN AOS NENOS/AS só discurso e saúdo dende o escenario xunta a capitanía.

Cabalgata do ano 2020 desde o Consistorio de Ribeira