O Concello de Outes volverá distribuír árbores autóctonas para mellorar o medio natural e a protección fronte aos lumes

18 Xaneiro 2022

O Concello de Outes presentou a nova edición do seu Plan de Recuperación de Árbores Autóctonas, dirixido, como se indica no seu nome, a activar medidas que contribúan á posta en valor e ao espallamento de especies propias da nosa terra, de especial valor ambiental e paisaxístico, ao que cómpre sumar un terceiro factor: son especialmente resistentes aos lumes forestais e actúan, polas súas características, a xeito de cortalumes.

Trátase da convocatoria 2022 do dito plan. A través dela, o Concello repartiría de balde plantas de castiñeiro entre as persoas propietarias que o soliciten (máxime 15 plantas por propietario). Terán prioridade as veciñas e veciños que non participaran na edición da iniciativa. As persoas interesadas poden realizar a súa solicitude ao Concello a través do departamento de urbanismo, entre o 17 e o 28 de xaneiro, ou chamando previamente ao teléfono 637 063 677.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.