O BNG rexistra novas preguntas relativas a San Finx no Parlamento Galego

19 Xaneiro 2022

A deputada do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, vén de rexistrar novas preguntas ao goberno galego relativas a situación nas minas de San Finx.
A iniciativa dos nacionalistas incide nas contradicións do Partido Popular ao respecto, xa que mentres a súa posición no parlamento no mes de decembro foi a de votar en contra da proposta do BNG para esixir que se requira á empresa adxudicataria da mina a presentación de estudos de impacto ambiental, neste mes de xaneiro o vicepresidente recoñeceu a súa necesidade nunha reunión con diferentes alcaldes das comarcas de Muros e Noia.
Neste sentido, Pérez sinala que “nalgún dos dous momentos, ou no debate parlamentario ou na reunión cos Concellos do pasado día 12 de xaneiro, non se dixo a verdade por parte do vicepresidente segundo”. A representante nacionalista tamén cuestiona o feito de que se tiveran posto os proxectos de vertido e de adecuación do leito do río a exposición pública “cando non se teñen presentado os respectivos estudos de impacto ambiental que agora a Xunta recoñece necesarios”.
No respectivo ás preguntas, estas céntranse en varios aspectos. En primeiro lugar, os nacionalistas piden a valoración que fai o executivo do cambio de titularidade da mina. En canto aos estudos de impacto ambiental, pregúntase sobre os motivos que levaron ao cambio na posición do goberno, sobre as razóns polas que non admitiron dita necesidade o
pasado decembro no parlamento e sobre se a intención do executivo é requirir estes estudos para os proxectos que xa están en exposición pública.
A iniciativa do BNG tamén se refire á reunión mantida con diferentes municipios da zona afectada, e en relación a esta, se mostra interese por se as alcaldías foron advertidas dos diversos reparos do persoal técnico da administración con respecto á situación da mina de San Fins. Por último, tamén preguntan os nacionalistas se o goberno pensa establecer garantías legais e avais económicos suficientes para que a empresa faga fronte ás consecuencias de potenciais incumprimentos ambientais.

Rosana Pérez e Anxo Moledo nas minas de San Finx

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...