Falecen 14 persoas que foran diagnosticadas por Covid. O 26% dos ingresados nos hospitais do SERGAS infectados coa variante Ómicron

05 Xaneiro 2022

Nos úletimos tres días faleceron en Galicia14 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dous dos falecidos o foron na área sanitaria Santiago-Barbanza:

Día 3 de xaneiro:
Home de 86 anos, no CHUS.
Home de 68 anos, no CHUVI.

Día 4 de xaneiro:
Muller 79 anos, no CHUO.
Home de 69, no Hospital do Salnés.
Muller de 79 anos, no CHUO.
Home de 90 anos, no Hospital de Valdeorras.
Home de 88 anos, no CHUS.
Home de 74 anos, no CHUO.
Muller de 92 anos, no Hospital de Verín.
Home de 46 anos no HULA.
Home de 67 anos, no CHUF.
Muller de 98 anos, no CHUO.

Día 5 de xaneiro:
Muller de 78 anos, no CHUVI.
Muller de 93 anos, no HULA.

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Por outra banda o Servizo Galego de Saúde continúa a monitorizar os casos positivos que ingresan nos hospitais da rede sanitaria pública galega, detectando que o 26,08% das persoas ingresadas presentan infeccións compatibles coa variante Ómicron.Analizando os datos segundo a área de hospitalización, esta porcentaxe acada o 28,63% no que atinxe ás unidades de hospitalización do Servizo Galego de Saúde, e descende até o 11’36% no caso das persoas que se atopan ingresadas nas Unidades de coidados intensivos.

Sanidade continúa a analizar as infeccións de cada un dos ingresos que se producen nos hospitais galegos para determinar a que variante do virus Sars-Cov-2 a que pertencen, co obxecto de poder avaliar e facer un seguimento específico á evolución de cadansúa cepa.

Neste senso, o Servizo Galego de Saúde realízalle unha proba diagnóstica específica a todos os pacientes positivos que ingresan nos centros hospitalarios, co ánimo de poder avaliar a carga da variante ómicron durante a súa hospitalización.

Outros artigos

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.