En Aguiño adiados os actos programados para a XVII Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño 2022 ao mes de maio

15 Xaneiro 2022

A directiva da entidade decidiu, dado a situación epidemiolóxica actual, adiar os actos programados para a XVII Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño 2022 ao mes de maio, tal e como se fixera o ano pasado, coincidindo co fin de semana do 9 de maio, seguramente os días 6, 7 e 8 dese mes, coincidindo co aniversario da fundación da Parroquia de Aguiño o 9 de maio de 1959.
Sen embargo, e xa que o vindeiro domingo 16 de xaneiro fará 18 anos do pasamento de Paco, a asociación decidiu manter a Misa Aniversario que terá lugar mañá sábado 15 de xaneiro ás 19:00 h na Igrexa Parroquial de Nosa Señora do Carme de Aguiño, así como o acto de Ofrenda Floral e lectura de Manifesto no cemiterio de San Vicente de Noal, frente á tumba de Paco, o vindeiro sábado 22 de xaneiro ás 17:30 h, amenizado por o son das gaitas interpretando a Marcha do Antigo Reino de Galicia e o Himno Galego, ofrenda floral e lectura do manifesto que levamos fancendo todos estos anos, a cargo da presidenta da entidade, Elvira Pisos Arnoso. Os dous actos son abertos a calquera persoa e agradecemos difusión para conbidar a quen queira acompañarnos.

Ofrenda floral ante o busto de Francisco Lorenzo Mariño en Aguiño.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.