Detida unha veciña da Pobra por sete roubos en rochos e tres furtos

25 Xaneiro 2022
Garda Civil

A Garda Civil do Posto de Porto do Sondetivo a unha muller veciña do municipio coruñés da Pobra do Caramiñal como presunta autora de sete roubos con forza no interior de rochos e tres delitos de furto, un deles de roupa nun tendedero.

Os feitos ocorreron o pasado mes de outubro na localidade de Porto do Son onde se cometeron seis roubos con forza no interior de rochos dun mesmo edificio e un delito leve de furto dunha peza de roupa dun tendedero.

A Garda Civil investigou os feitos co fin de constatar a veracidade dos mesmos, a identificación do autor ou autores e a recuperación dos efectos roubados.

No transcurso da investigación os axentes lograron a identificación plena da autora dos feitos, á que lle atribúen, ademais, a comisión de dous delitos de furto no interior de dous vehículos e un delito de roubo con forza nun rocho na localidade de Padrón, feitos denunciados o pasado mes de xuño e outubro, respectivamente.

A muller detida había vendido algúns dos obxectos subtraídos en establecementos de compravenda de segunda man nas localidades coruñesas de Ribeira e Boiro. Foron recuperados unha máquina de coser, un ferro de roupa, unha caixa de ferramentas con accesorios, un ventilador, un GPS, un cámping gas dúo, un casco de moto e unha máquina hidrolimpadora.

A Benemérita recuperou as ferramentas e entregounas ás vítimas. Pola súa banda, a detida, xunto coas dilixencias instruídas, foron postas a disposición xudicial no xulgado de garda de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.