As peaxes da AP-9 subiron case un 3% desde este 1 de xaneiro. No resto do Estado un 2%

01 Xaneiro 2022

As peaxes da AP-9 soben a partir do 1 de xaneiro de 2022 un 3 por cento, segundo anunciou este xoves o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana. Coas novas tarifas, o tramo A Coruña-Santiago alcanza os 7,20 euros (20 céntimos máis), mentres que Vigo-Rande redondéase ata o euro.

A viaxe entre Ferrol e A Coruña increméntase en 15 céntimos e chega aos 5,05 euros; e entre Vigo e Pontevedra a peaxe pasará a custar 4,15 euros desde os catro euros do pasado ano.

Así, quen queira transitar entre A Coruña e Vigo pola AP-9 terá que abonar 17,50 euros, o que supón unha subida de 50 céntimos. Se o fai desde Ferrol, a contía alcanza os 20,1 euros. Para chegar a Tui, o condutor deberá abonar 23 euros se sae de Ferrol (fronte aos 22,30 euros do pasado ano) e 20,40 euros se o fai desde A Coruña.

Respecto a os incrementos nas tarifas, nun comunicado o Goberno explicaba esta semana que, con carácter xeral, increméntanse un 1,97% as tarifas das autoestradas dependentes do Estado para partir do 1 de xaneiro de 2022 para axustalas ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC).

No caso da AP-9 decrétase unha subida adicional para, segundo apunta Transportes, cubrir os custos por excesos de valoración de expropiacións ou pola execución de obras nas que incorreron as respectivas sociedades concesionarias, para financiar bonificacións de peaxe e para compensar a non aplicación de incrementos de tarifas inicialmente previstas por razóns de interese público.

No comunicado, o Goberno sinala que a subida das peaxes na AP-9 prodúcese “sen prexuízo das bonificacións parciais ou totais” que se aplican en tramos gratuítos como O Morrazo-Vigo e A Coruña-Barcala, así como no “esquema de bonificacións” aprobado por real decreto o pasado mes de xullo.

Tarifas de peaxes 2022

IVE vixente incluido.
O.M. del Mitma de data 27 de dicembro de 2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

Case que dous anos despois do naufraxio en Terranova do arrastreiro de Marín "Villa de Pitanxo", seguen as contradicións nas declaracións do patrón e un sobriño deste, as da casa armadora Nores, e un mariñeiro ghanés, tripulante do buque afundido a cuxas teses se...