A Pobra activa a fase formativa da mesa local de traballo contra a violencia de xénero

13 Xaneiro 2022

Na tarde do 12 de xaneiro desenvolveuse na Pobra do Caramiñal a primeira xornada de formación para a futura constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.

A dita acción foi impartida a través da Secretaría Xeral de Igualdade en coordinación coa Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra). Contou cunha ampla participación, pois estiveron presentes membros da corporación municipal, persoal técnico do Concello, Policía local, Garda Civil e representantes do eido educativo e do tecido asociativo.

O Concello confirmou que os obxectivos desta fase formativa, que terá continuidade no 19 de xaneiro, son “impulsar a posta en marcha da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e promover a organización entre profesionais de distintos ámbitos que median no proceso de intervención coas vítimas de violencia de xénero e que realizan tarefas de prevención a nivel municipal e comarcal”.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.