A DXT inicia luns unha campaña especial de vixilancia do transporte escolar nas estradas de Galicia

16 Xaneiro 2022

 A DELEGACIóN DO GOBERNO EN GALICIA  INFORMA DO INICIO DUNHA CAMPAñA ESPECIAL DE CONTROL DO TRANSPORTE  ESCOLAR. ESTA CAMPAñA DE VIXILANCIA COMEZA MAñá, LUNS, E EXTENDERASE  ATA O PRóXIMO VENRES, DíA 21.

Durante estas xornadas, e baixo a  coordinación da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), os axentes da  Agrupación de Tráfico da Garda Civil e as policías locais que se sumen  comprobarán que tanto autobuses como condutores cumpran coa normativa  establecida na materia, que inclúe, entre outras obrigacións, a  necesidade de que os menores vaian acompañados por unha persoa  debidamente cualificada nos desprazamentos.
Con esta campaña, a DXT inicia o calendario de vixiancias especiais  deste ano 2022. En Galicia, esta campaña ten moita trascendencia  debido á gran extensión de roteiros de transporte escolar existentes  na Comunidade. De feito, é a comunidade española con máis roteiros de  transporte escolar, entre os públicos e os contratados en tódolos niveis educativos. Segundo os datos das autoridades educativas, EN  CADA CURSO ACADéMICO PRéSTASE SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR A MáIS DE  95.000 ALUMNAS E ALUMNOS DE PRETO DE 900 CENTROS EDUCATIVOS PúBLICOS,  CONCERTADOS E PRIVADOS DE TODA GALICIA.

Outros artigos

“Conservatorio de Lugo” – Xulio Xiz

Acudín a un sinal de vida no Auditorio grande de Lugo, ese que é homenaxe permanente a Xesús Mato e aos mozos que en Mondoñedo entraron na gloria da música, e desfrutei do concerto da actual fornada do Conservatorio de Música lucense,, que se permite ter tres bandas:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.