A compostaxe doméstica da Pobra redundou nunha redución de 62 toneladas de materia orgánica no 2021

26 Xaneiro 2022

Prosegue o balance ambiental do Concello da Pobra, unha reconto de actividade que guinda datos moi positivos en todos os parámetros, non sendo unha excepción o ámbito da compostaxe doméstica, segundo confirmou a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra). Este proxecto traduciuse o ano pasado no reparto de 112 recipientes específicos de compost entre domicilios e centros de ensino e estímase que repercutiu nunha redución de aproximadamente 62 toneladas de materia orgánica nos contedores xenéricos dende o inicio ata o de agora.

Cómpre lembrar que continúa en marcha a terceira campaña que suporá a distribución doutros 50 novos composteiros. As persoas que desexen participar deben formalizar a súa solicitude a través do rexistro, preferiblemente o telemático. Entre os requisitos figuran: vivir de forma habitual no concello da Pobra do Caramiñal; dispor dun terreo (xardín, horta) cunha superficie mínima de 25 metros cadrados; e permitir o seguimento da compostaxe, previa cita, unha vez que se facilite o material.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.