A Asociación da Periodistas de Santiago homenaxea este sábado o pobrense Victoriano García Martí

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE) co gallo da celebración do Patrono dos Xornalistas, San Francisco de Sales, celebra este sábado un acto de descubrimenro dunha praca conmemorativa na casa compostelana onde residiu o probrense Victoriano García Martí, exemplar xornalista e humanista galego de ampla traxectoria intelectual e prestixiio alén das nosas fonteiras. O acto terá lugar na rúa das Orfas en Santiago o sábado 22 de xaneiro ás 12 da mañá.

Victoriano García Martí, naceu na Pobra do Caramila en 1881, estudou Dereito, en Santiago de Compostela e realizou o doutoramento en Madrid. En 1911 realizou, pensionado pola Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas, estudos de socioloxía na Universidade da Sorbona de París con Durkheim e Bergson.​

En París relacionouse co gran mundo, entre outras a mademoiselle Lutoslawsky e a Sofía Casanova, poeta galega devida aristócrata por matrimonio.

A súa vida estivo integramente dedicada ao cultivo das letras. Cultivou con acerto todos os xéneros literarios. Destacou con todo como ensaísta, campo no que alcanzou un gran relevo.

En 1965 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Española. Tamén foi membro correspondente da Real Academia Galega. Faleceu en Santiago de Compostela o 7 de xullo de 1966.