Tráfico empeza unha campaña de control do consumo de alcol e drogas nas estradas de Galicia

06 Decembro 2021

A Delegación do Goberno en Galicia informou do inicio este luns da campaña especial de Tráfico co obxectivo de dimisnuir o consumo de alcol e drogas ao volante. Ata o domingo, día 12, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis de alcoholemia e presenza de drogas nas estradas de Galicia.
Nesta iniciativa, a DXT fomenta ademais a colaboración cos concellos das catro provincias para realizar probas en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de maior afluencia.

Na mesma campaña realizada en decembro do ano pasado realizáronse en Galicia 16.156 probas de alcoholemia, das que 305 deron positivo. O 1,88% destas probas foron de resultado positivo, unha porcentaxe significativamente superior á do ano anterior. En canto ás probas de drogas, realizáronse 356, das que 165 resultaron positivas (46,3%).

Entre xaneiro e novembro efectuáronse en vías galegas 26.454 controis, con 9.300 positivos en alcol e 6.307 en drogas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.