Sanidade lembra que os viaxeiros que cheguen a Galicia tras estar en lugares de alta incidencia deben comunicalo

23 Decembro 2021


Deben notificalo todas aquelas persoas que veñan desde nove autonomías: Aragón, Asturias, Baleares, Castela e León, Comunidade Valenciana, Melilla, Navarra, Cataluña e Euskadi.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara.

Así mesmo, terán que comunicalo os viaxeiros que procedan de calquera país de África e dos seguintes de Europa: Albania, Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bosnia- Herzegovina, Ciudad do Vaticano, Finlandia, Italia, Malta, Moldavia, Macedonia do Norte, Romanía e Suecia.

De América, figuran na listaxe a illa de Anguilla, Barbados, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Dominica, #Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Honduras, Illas Caimán, Estados Unidos, Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Trindad e Tobago, e Xamaica.

De igual modo, as persoas que estivesen nos seguintes países e territorios de Asia: India, Irán, Iraq, Líbano, Maldivas, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Singapura, Iemen e Xordania. E, de Oceanía, son de comunicación obrigatoria as Illas Marianas do Norte.

Para proporcionar a información de contacto, os viaxeiros deberán cubrir o formulario dispoñible na web.

Outros artigos

O núcleo de Outeiro (Araño) xa conta con firme renovado

O Servizo de Obras do Concello de Rianxo vén de executar a renovación do firme con asfalto en quente na aldea de Outeiro, na parroquia de Araño. A vindeira semana o Servizo de Obras comezará os traballos para renovar o firme no núcleo de Adadelos (Asados), así como no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión