Ribeira, Noia, A Pobra e Boiro suman novos positivos da Covid-19. Unha nova vítima eleva a 2.678 os faelcidos en Galicia

04 Decembro 2021

A evolución do coronavirus continúa á alza na comarca cun incremento de casos en catro municipios. Os últimos datos achegados por Sanidade indican un repunte dos contaxios en Ribeira, que na última semana suma 29 afectados. A situación devolve ao municipio ribeirense a niveis de setembro, cando a incidencia acumulada a sete días superou os 100 casos por cada 100.000 habitantes.

A Pobra é outra das localidades na que os enfermos de coronavirus aumentan ao detectarse 11 positivos na última semana, co que a súa incidencia acumulada sitúase nos 118 casos por cada 100.000 habitantes. Porto do Son e Boiro están en situación similar e onte volveron sumar afectados. No municipio boirense xa son 11 os infectados con covid na última semana, mentres que a vila sonense sitúanse en 12 a catorce días.

Noia segue sumando novos positivos, elevando a un total de 27 casos, tres máis que na xornada anterior e rompendo a retardación dos contaxios que parecía producirse a principios de semana. O municipio continúa así a súa permanencia no primeiro posto do ranking de infectados nas últimas dúas semanas, con 69 casos activos. Rianxo, Outes, Lousame e Carnota non teñen ningún caso do virus na última semana.

Pola sua banda a área sanitaria de Santiago – Barbanza soben casos cun total de 573 casos activos, 48 enfermos máis que na xornada anterior e devolven aos municipios desta área de atención sanitaria á situación do pasado setembro.

.

Sanidade notificou este sábado outro falecemento por covid-19, que eleva a 2.678 as vítimas por esta enfermidade en Galicia desde que comezou a pandemia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.561 deles 1.053 son da área da Coruña, 619 da de Lugo, 1.926 da de Ourense, 866 da de Pontevedra, 2.181 da área de Vigo, 573 da de Santiago e 343 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 169 en unidades de hospitalización e 7.356 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 182.835 persoas curadas, rexistrándose 2.677 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 3.029.560.O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.057.341.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

As actividades do Día da Muller de Porto do Son proseguen ata xuño

Esta semana proseguiron as actividades do Concello de Porto do Son para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. A axenda comezou cunhas xornadas gratuítas de ioga e proseguiu coa Andaina pola Igualdade deste domingo 16, continuando na Biblioteca Municipal este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...