Papá Noel visita as escolas da Pobra

17 Decembro 2021

Xa co Nadal ás portas e a piques de comezar unha festa de tal relevancia para as nenas e nenos, Papá Noel quixo achegarse aos centros educativos de infantil e primaria da Pobra do Caramiñal para manter un encontro coas crianzas e coñecelas un pouco máis, ademais de apuntar aqueles agasallos que se esqueceron de escribir nas súas cartas.

As visitas comezaron na xornada deste 17 de decembro nas unitarias do Campo-A Angustia, Vilariño, CEP Pilar Mestú Sierra e Monte Carmelo. Continuará co seu itinerario no día 20 no CEP Salustiano Rey Eiras, EEI Fernández Varela e unitaria da Granxa.

Esta actividade atópase ao abeiro da programación impulsada para este Nadal dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...