Outes Concilia organiza unha nova edición do Campamento de Nadal, a partir do día 22

09 Decembro 2021

O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres CIM, organiza para este tempo festivo que se aproxima unha proposta de actividades de tempo libre para achegar lecer á rapazada e conciliación para as familias. Estamos a falar do Campamento Tempo de Nadal, para crianzas do termo municipal de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Trátase dunha proposta abeirada ao programa Outes Concilia, que está previsto desenvolver os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e máis os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

Segundo informou o Concello, as familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, “permitindo as entradas e saídas flexíbeis”. As nenas e nenos terán opción de almorzar e xantar no servizo, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos en termos e neveiras. Haberá prazas limitadas. O prezo público establecido na ordenanza reguladora corresponde e ascende a 30 € o total do campamento, por días soltos 6 €.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.