Operación contra Os Fanchos da Pobra provoca redadas e detencións en varias cidades de Galicia


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, espera que se produzan “máis detencións” nas redadas e rexistros que se practican tras a incautación dun alixo de 17 quilos de cocaína nun peirao da comarca coruñesa do Barbanza semanas atrás.

Un dos detidos, segundo La Voz de Galicia, é Miguel Ángel Vila, fillo de José Manuel Vila Sieira, histórico narco vinculado ao clan dos Fanchos. Historicamente Os Fanchos era un clan do segundo chanzo, dos que se dedica a distribuír cocaína en Galicia, a consumidores pero tamén a outros intermediarios, non a introducila en Europa. Por tanto, o feito de atopar un alixo de 17 quilos nun peirao puiden supoñer un salto no calibre da súa actividade.

Os Fanchos xa sufriron operacións policiais en polo menos outras dúas ocasións, en 2007 e 2013, cando houbo cinco dentenciones . No seu día o asasino de Diana Quer -con antecedentes por narcotráfico- foi vinculado con este grupo, relacionado tamén co secuestro e tortua dun ex-concelleiro do PP da Illa por un asunto de drogas.

En declaracións aos medios antes de participar nunha xornada sobre adiccións na Facultade de Psicoloxía de Santiago, Miñones dixo confiar en que haxa máis arrestos nesta investigación, aínda que non quixo avanzar máis datos.
Polo menos incautáronse ao redor dunha vintena de quilos de cocaína e estaríase actuando en varios puntos de Galicia.

Pola súa banda, fontes da Garda Civil limitáronse a confirmar que existe unha operación activada en relación a un alixo de droga, pero rexeitaron achegar calquera outro dato.

Imaxe do asasino de Diana Quer, José Enrique Abuín Gey, alias `o Chicle´ durante o xuízo. O ‘Chicle’ contaba con antecedentes por narcotráfico tras ser sorprendido cun alixo de varios quilos no seu coche, alixo que a Policía vinculou no seu día a Os Fanchos