O PsdeG-Psoe inicia este martes o seu 14º Congreso Nacional

06 Decembro 2021

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago, acolle este martes e mércores a celebración do14º Congreso Nacional dos socialistas galegos.

O congreso empeza este martes e tralos saúdos intervirán os ex-presidentes Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño. Intervirán na primeira xornada o Secretario de Organización do Psoe, Santos Cerdán León e o Secretario Xeral do Psde G-Psoe, Valentín González Formoso.

Na segunda xornada, a do mércores, constituirase o Plenario da Sesión de clausura, proclamación dos resultados de órganos nacionais, presentación anuncio novos membros da Comisión Executiva Nacional Galega e pecharase o congreso coa intervención do Secretario Xeral do PSdeG PSOE Valentín González Formoso e a do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez .

PROGRAMA CONGRESO PSdeG PSOE 7 / 8 DECEMBRO

Martes 7 de decembro

11:30 h. (Aprox.) Inauguración do 14o Congreso Nacional
‐ Saúdo de XSG, a cargo de Xurxo Doval
‐ Saúdo de UUAA, a cargo do secretario xeral, Roberto García González
‐ Saúdo de CCOO, a cargo da secretaria xeral, Amelia Pérez Álvarez
‐ Saúdo de UGT, a cargo do secretario de organización, José Luis Fernández Celis
‐ Intervención do Expresidente Fernando González Laxe
‐ Intervención do Expresidente Emilio Pérez Touriño
‐
‐ Intervención do secretario de organización do PSOE, Santos Cerdán
León
‐ Intervención do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE Valentín González
Formoso

Mércores 8 de decembro

11:30 h. Comezo do acto de clausura.

Constitución do Plenario Sesión de Clausura do 14o Congreso Nacional
‐ Proclamación de resultados de órganos nacionais
‐ Presentación anuncio novos membros da Comisión Executiva Nacional Galega
‐ Intervención do Secretario Xeral do PSdeG PSOE Valentín González Formoso
‐ Intervención do presidente do goberno e secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.