O Nadal pobrense inaugúrase nesta ponte festiva

03 Decembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal configura varias propostas coas cales lle da-la benvida ao Nadal na localidade, segundo anunciaron a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), e a técnica municipal desta área, Sara Sánchez.
Así, no 4 de decembro efectuarase o acendemento da árbore do Nadal na praza Alcalde Segundo Durán, ás 19.30 horas, para que, deseguido, na praza do Emigrante, teña lugar a inauguración do belén municipal coa posterior chocolatada.
Ademais, no día 8 procederase coa apertura do mercado do Nadal, situado no Cantón da Leña, que estará aberto durante as fins de semana (venres, sábado e domingo) ata o día 2 de xaneiro, inclusive, en horario de mañá e de tarde, agás nos venres que será unicamente pola tarde.
Componse de sete postos do comercio de proximidade dedicados á gastronomía, artesanía, artigos de agasallo e téxtil. Na xornada de inicio disporase un showcooking da man de Xaime Chouza, de 18.30 a 20.00 horas, con galletas de xenxibre e un chocolate. Esta particular feira tamén contará con actividades de dinamización tales como xogos populares (nos días 11 e 18), un novo showcooking (no día 12), e música e baile a cargo de asociacións culturais (Arrancadeira no 19 de decembro; Eiradela no 26 de decembro; e Xiada no 2 de xaneiro).
Do mesmo xeito, continúa desenvolvéndose a campaña Raña e gaña e, en próximas datas, darase conta de máis actividades para o Nadal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.