O libro Poemas no poemas, de Concepción Barreiro, preséntase na Pobra

14 Decembro 2021

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá este 17 de decembro, ás 20.00 horas, a presentación do libro Poemas no poemas, de Concepción Barreiro González, cuxa vida desenvólvese entre ámbalas bandas da ría da Arousa: A Pobra e Vilagarcía. Dedícase á educación, traballando actualmente no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, pero xa se ten mergullado en distintos proxectos artísticos, tales como exposicións de pintura, tanto colectivas coma individuais, se ben este é o seu primeiro libro.

Segundo reflicte o Concello da Pobra, a súa obra responde á necesidade de amosar o interior da autora nun momento determinado da súa vida e está chea de confesións, sentimentos, reflexións, bágoas, sorrisos, agradecementos e, sobre todo, sinceridade. Xorde directamente da alma despois dun período de reflexión na súa vida. Así, Poemas no poemas nace dunha pura necesidade de sobrevivir para poder seguir vivindo.

A entrada ao acto é de balde e ata completar a cabida.

Outros artigos

Fondo pesar polo pasamento de Xesús Alonso Montero

O escritor, filólogo, docente e académico Xesús Alonso Montero faleceu este xoves en Vigo aos 97 anos, deixando tras de si unha traxectoria decisiva na configuración da crítica, da historia literaria e do pensamento galeguista contemporáneo. A Real Academia Galega, da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.