O Concello de Outes achega axudas a unha ducia de persoas dependentes

23 Decembro 2021

O Concello de Outes publicou a resolución das axudas convocadas “para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade”, que se financian grazas á achega da Deputación Provincial para o POS adicional destinado a “gastos sociais”. Máis polo miúdo, estes apoios beneficiarán a unha ducia de persoas, recursos que viñan cunha contía máxima de 5.000 €, e que foron convocados o pasado mes de novembro polo Concello.

Segundo fontes do Consistorio, as modalidades máis solicitadas foron as destinadas á eliminación de barreiras e a adaptación funcional do fogar así como a adquisición de camas articuladas, con cinco solicitudes atendidas cada unha delas. Outra das modalidades financiada destinarase á adquisición dunha cadeira xiratoria para bañeiras e outra máis para soporte técnico de apoio a unha persoa con déficit de visión.

O alcalde de Outes, Manolo González, e a concelleira de igualdade e benestar, Raquel Garcia, destacaron a importancia desta convocatoria que “por vez primeira púxose en marcha no Concello, e que se agarda repetir en 2022”. Tamén puxeron o foco en que con esta iniciativa “atendemos ás necesidades dos nosos maiores e dependentes, unha das prioridades do noso Goberno”, apuntou González. O concello destinou 15.000 € a estas axudas, das que se cubriron un total de 14.096,44 €.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...