O BNG urxe ao Goberno central a apoiar a modernización da planta de compostaxe de Lousame

02 Decembro 2021

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de esixir ao Goberno do Estado unha meirande implicación a prol do futuro da planta de reciclaxe de refugallos domésticos de Lousame (a planta de Servia, eixe operativo-sustentábel da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza), unha implicación que se materialice na súa adaptación á directiva europea e nun compromiso firme polo modelo que representa a dita planta: un modelo de reciclaxe referencial en Europa.

Así mesmo, demandou aclaracións trala nota recibida nos Concellos que conforman a Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza co carimbo da Subdirección Xeral de Economía Circular do MITECO, enviada pola Xunta, na que, segundo apuntou Rego, “o Ministerio parece apostar pola incineración”.

Servizos a 9 concellos

A Mancomunidade Serra do Barbanza, creada en 1997, inaugurou en 2003 en Servia, no municipio de Lousame, as instalacións para a recollida e tratamento de residuos que presta, servizo a 9 concellos da Coruña: Lousame, Brión, Ames, Noia, Porto do Son, Muros, Carnota, Rois e Ponte Cesures. Trátase, en palabras de Rego, “dun modelo de compostaxe de proximidade pioneiro no Estado español que supón un motivo engadido para o seu mantemento”.

O deputado nacionalista recolle as demandas dos concellos afectados e traslada ao Ministerio a necesidade de que as administracións leven a cabo o investimento preciso para a “modernización desta planta que cumpre co modelo estabelecido nas normas europeas e supón un exemplo de vangarda no ámbito da reciclaxe”.

Alternativa ao modelo autonómico

Rego salientou que “o modelo da planta de Lousame é unha alternativa viábel e sustentábel á gran aposta do Goberno galego, executada por SOGAMA”. Así, dixo, a planta de Lousame recupera 51.1 quilogramos por habitante cada ano. “Fronte a iso”, sinalou, “o modelo da incineración da Xunta de Galiza só recupera 13.1”. Neste sentido, o deputado esixe ao Goberno do Estado que “aposte por un modelo de reciclaxe de proximidade como o da planta de Lousame e colabore economicamente para a súa mellora cualitativa e na adaptación deste modelo á nova directiva europea e non polo mantemento e fomento da incineración para o tratamento de residuos”.

Outros artigos

Prosegue o campamento de verán do programa Outes Concilia

Os días pasados púxose en marcha unha nova edición do campamento de verán do programa Outes Concilia, que se celebra nas instalacións do antigo colexio do Cruceiro de Roo e máis en diferentes espazos naturais do concello por exemplo na praia de Broña. Segundo explicou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...