O arcebispo de Santiago será recibido este xoves polo Papa no Vaticano

15 Decembro 2021

O arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio, encabeza a delegación dos bispos da Provincia eclesiástica de Santiago na Visita ad limina, no marco da cal este xoves, 16 de decembro, manterá un encontro no Vaticano co Papa Francisco.

Segundo informou o Arcebispado de Santiago, os bispos españois foron convocados á visita ad limina Apostolorum entre esta semana de decembro e durante o mes de xaneiro.
Julián Barrio encabeza a delegación dos bispos da Provincia eclesiástica de Santiago que xunto coas de Oviedo, Burgos, Pamplona e Tudela e Zaragoza serán recibidos polo Papa Francisco do 13 ao 18 de decembro.
Segundo o Directorio para o Ministerio Pastoral dos Bispos, Apostolorum Successores o Bispo diocesano realiza cada cinco anos esta antiga tradición, “para honrar os sepulcros dos santos Apóstolos Pedro e Pablo, e atoparse co sucesor de Pedro, o Bispo de Roma”.

A visita céntrase en tres actos. En primeiro lugar, unha peregrinación ás tumbas dos apóstolos Pedro e Pablo para “visibilizar a unidade e a comuñón dos bispos, sucesores dos apóstolos, co sucesor de San Pedro e das Igrexas locais coa Igrexa primada de Roma”, explicou.

En segundo lugar, terá lugar a presentación ao Papa dunha “relación quinquenal” de cada diocese. Trátase de informar sobre a situación da Igrexa na diocese que cada bispo ten encomendada. E é que, cada bispo enviou xa hai tempo a Roma un informe sobre o estado da diocese desde a última visita ad limina, que para os bispos das dioceses con sede en Galicia foi en marzo de 2014.

E, finalmente, un encontro persoal co Papa, como sucesor de san Pedro, durante o cal os bispos dispoñen dun tempo para dialogar co papa e exporlle as súas inquietudes e expoñerlle os seus proxectos.

Nesta ocasión a audiencia co Santo Pai do arcebispo de Santiago terá lugar este xoves, 16 de decembro, ás 10,30 horas.

Tamén o bispo de Ourense atópase esta semana en Roma con motivo da Visita ad limia, no marco da cal tamén será recibida polo Papa.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.